Thursday 16 de May de 2024

Portos de Galicia emprende obras de reposición e mellora no peirao de Riveira por valor de máis de 222.000 euros


O ente Portos de Galicia comunicou ao Concello de Riveira que estes días está realizando un conxunto de actuacións de reparación e mellora no porto de Santa Uxía por un valor superior aos 222.000 euros.

Así, quen se achegue ao recinto portuario poderá observar que se está procedendo coa reparación dos pantaláns de embarcacións menores e de descarga e a reposición de bombillos nas portas de acceso aos pantaláns.

Tamén está previsto con carácter inmediato reparar o cantil do porto, ademais de ramplas e complementos marítimos; reforzar a escollera e arranxar distintos elementos de seguridade.

Outras accións recentemente executadas foron a reposición de tapas de arqueta, a modificación de trazado de bordillos e a reposición de aneis de amarre e pivotes.

Así mesmo, está autorizada a próxima reparación de fiestras de oficinas portuarias e se está redactando un proxecto de mellora das liñas de canalización eléctrica.

Co desenvolvemento desta serie de actuacións aténdense demandas referidas polo sector do mar do noso municipio ao Concello de Riveira e que este á súa vez puxo en coñecemento do ente adscrito á Consellería de Medio Rural e Mar.